MAIO: PROGRAMA – «ESCOLA CÍVICA DE CUSTODIA DO TERRITORIO»
Atención Traemos boas novas A través da nosa implicación no territorio que habitamos, é posible xerar opcións laborais con condicións dignas que contribúen ao tempo á protección ecolóxica e á transformación económica local. Apúntaste a descubrir como?
A Escola Cívica de Custodia do Territorio é un programa de formación gratuito e esencialmente práctico dirixido a calquera persoa de entre 16 e 35 anos con interese en coñecer modelos de emprego, de empresa e de facer rural baseados na implicación co territorio, nas condicións laborais dignas e na sustentabilidade ecolóxica.
Durante varias fins de semana do mes de maio, levaremos a cabo 6 sesións lúdicas e dinámicas de aprendizaxe práctica e socialización (hai que pasalo ben!) co obxectivo de que as persoas participantes descubran opcións laborais para o seu futuro laboral. Quercus Sonora, Milhulloa, S. Coop. Galega, Sen máis, Eira da Xoana e O Zuleiro abriránnos as súas portas para presentarse e compartir todo seu coñecemento e experiencia como iniciativas de éxito e referencia a nivel galego.
Ademais, o proxecto pon a disposición das persoas participantes un servizo de acompañamento e asesoramento en relación á dúbidas ou inquedanzas que as persoas participantes poidan ter en relación a opcións laborais vinculadas á economia social e solidaria.
Se queres máis información ao respecto ou tes interese en inscribirte, escríbenos ao correo electrónico escolacivicamonterroso@gmail.com ou ao whatsap 645 12 90 81.
A Escola Cívica de Custodia do Territorio é un proxecto da Indaga Cooperativa, co-financiado polo Concello de Monterroso e a Federación Española de Municipios e Provincias.
Comentarios
MAIO: PROGRAMA – «ESCOLA CÍVICA DE CUSTODIA DO TERRITORIO» — No hay comentarios
HTML tags allowed in your comment: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>