Política de privacidade
Data de actualización: 10/09/2021
A Fundación Eira comprométese a protexer a túa privacidade. Nesta política explicamos que datos recollemos, para que os usamos e que dereitos tes.
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
Para os efectos da lexislación de protección de datos aplicable (incluído o Regulamento xeral de protección de datos 2016/679 — RXPD), a Fundación Eira é a responsable do tratamento.
Datos de contacto:
- Enderezo postal: Av. de Castelao 20, baixo, 15704 Santiago de Compostela
- Responsable de protección de datos: fundacion@eiradaxoana.gal
- NIF: G70424734
Se tes calquera dúbida sobre o uso dos teus datos, podes contactar connosco en calquera momento.
Que datos recollemos?
Dependendo de como interactúes co noso sitio web, podemos recoller:
- Datos de contacto: nome, apelidos, correo electrónico e a información que poñas nos formularios.
- Datos de doazóns: nome, apelidos, enderezo postal, NIF/CIF/NIE, importe doado e método de pagamento (para poder emitir o certificado correspondente).
- Datos de navegación: dirección IP, tipo de navegador, dispositivo, tempo de visita, páxinas vistas ou erros de carga.
- Cookies: utilizamos cookies para mellorar a experiencia de navegaciónDatos de identificación e contacto.
Para que usamos os teus datos?
- Para responder ás túas consultas.
- Para xestionar doazóns e emitir certificados fiscais.
- Para manter o correcto funcionamento e seguridade da web.
- Para mellorar os nosos servizos e contidos.
Só pediremos os datos que sexan necesarios. Se non os facilitas, pode que non poidamos ofrecerche algúns servizos (ex: emitir un certificado de doazón).
Con quen compartimos os datos?
Non os compartimos.
Só comunicaremos os teus datos se é obrigatorio por lei.
En ningún caso venderemos nin transferiremos os teus datos a terceiros fóra da Unión Europea.
Que dereitos tes?
Podes pedírmonos en calquera momento:
- Corrixir datos incorrectos.
- Eliminar os teus datos cando xa non sexan necesarios.
- Limitar ou opoñerte ao seu tratamento.
- Solicitar a portabilidade (que che enviemos os teus datos nun formato reutilizable).
- Retirar o consentimento que nos deres.
Podes exercer os teus dereitos enviando un correo a fundacion@eiradaxoana.gal ou por correo postal a Av. de Castelao 20, baixo, 15704 Santiago de Compostela.
Canto tempo gardamos os datos?
Só o tempo necesario para cumprir coa finalidade coa que se recolleron:
- Consultas: mentres dure a comunicación.
- Doazóns: polo prazo legal necesario para cumprir obrigas fiscais.
- Cookies e navegación: segundo se indica na Política de cookies
Unha vez superados estes prazos, os datos eliminaranse ou anonimizaranse.
Actualizacións
Esta política pode actualizarse periodicamente para reflectir cambios nas nosas prácticas. A data da última actualización figura ao inicio.
