
Este sábado celebraremos o Día das Letras Galegas 2021, actividade que nos vimos na obriga de adiar o sábado 15 de maio pola mala previsión meteorolóxica.
Faremos un pequeno acto de recoñecemento a Xela Arias e de reivindicación do uso da nosa lingua.
Será ás 16.30 h. Estás convidad@ a participar, e a achegar, se é do teu interese, a túa palabra ou a túa música.
Estaríamos encantad@s de poder contar contigo!.
Ás 14.30 h teremos un xantar de convivio e, a continuación, o acto, todo elo no exterior da casa ó aire libre, seguindo as recomendacións sociosanitarias para a prevención da COVID-19.
Aínda así… non esquezas traer a máscara!
