SÁBADO 23 DE MARZO: ENCONTRO COA ASOC. VECIÑAL “AGRA”.

O feito de facer por se ENCONTRAR para partillar CULTURA, sempre ha ser un execicio que debemos intentar.

É por isto que, o ECONTRO coa Asoc. Veciñal AGRA, do sábado 23, é un motivo de ledicia e predisposición para o converter nunha xornada que nos permita seguir a facer país.

PROGRAMA
 

11.30 h: Encontro na Eira. Organización da saída ao muíño na Ponte da Vila.

12.00 h: Saída ao Muíño. Faremos a saída nos vehículos particulares. Presentación do linbro «Outra volta de rodicio».

12.00 h: Xantar colectivo e de convivio.

16.30 h: A nosa cultura como espazo de encontro.Presentación do poemario: “No celeiro dos versos”.Referencia ao “Día mundial da poesía”.

18.30 h: Foliada aberta e libre.


DOMINGO 7 DE ABRIL: ROTEIRO DA EIRA DA XOANA

PUNTO DE INICIO EIRA DA XOANA EN RAMIL (AGOLADA) localización aquí

DISTANCIA 14 KM

DIFICULTADE BAIXA

Percorrido: Eira da Xoana, Río Ulla, Ramil, Canle de Ramil, mámoa, petróglifo, Eira da Xoana.

O roteiro sae da Eira da Xoana en Ramil (Concello de Agolada). A ruta é circular e dará comezo ás 10 horas. Recoméndase acudir cando menos con quince minutos de antelación. A ruta ten 14 quilómetros e é de dificultade baixa.

A actividade é gratuita.

 

    Para participar na andaina é obrigatorio estar correctamente inscrito en prazo. A organización dispón dunha póliza de seguro para accidentes deportivos que poidan acontecer durante a actividade. A organización únicamente asumirá as continxencias dos participantes na andaina que estén inscritos en prazo. O prazo para anotarse remata o próximo xoves día 4 de abril de 2024 ás 23:59 horas.

    MANIFESTO:

    1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes.

    2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.

    3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, se utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade.

    4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de seguridade. Igualmente cumprirei coas normas de tráfico e seguridade vial.

    5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde.

    6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento.

    7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo.

    Asumo de responsabilidade(obrigatorio):

    Consinto que os meus datos sexan cedidos a ROTEIROS DE AGOLADA:


    SÁBADO 13 DE ABRIL: ACTIVIDADES COMUNITARIAS E «CANTAR, TOCAR E BAILAR PARA SERMOS NÓS»

    PROGRAMA
     

    11.00 h: Encontro na Eira.

    14.30 h: Xantar de convivio.

    16.30 h – 16.30 h: “POLO GUSTO DE CANTAR”. Cantigas populares. Ricardo Seixo.

    17.30 h – 18.00 h: BAILE TRADICIONAL. Con Noa Seixo.

    18.00 h – 18.30 h: PANDEIRETA. Con Noa Seixo.