Como en anos anteriores, en Albá e arredores celebran a festa que reivindica o rural e a vida na aldea. Son d’aldea é unha festa singular e de grande interese, á que paga moito a pena acudir, e, de feito, congrega cada ano centos de persoas.
As xentes da Eira xa estivemos en diferentes ocasións. Este ano volveremos, e con altas doses de agradecemento porque nos van conceder unha distinción polas actividades que vimos desenvolvendo na Eira. Será o sábado, día 2 de setembro.
Agardamos vérmonos!
Toda a información en : https://sondaldea.es/ e https://www.facebook.com/sondaldea/?locale=es_ES

