SÁBADO 19 DE AGOSTO: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN.

ADEGA e a FUNDACIÓN EIRA sumámonos, un ano máis, á homenaxe que viñan facendo desde anos atrás outras organizacións. Memoria, recoñecemento e tributo ás persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.

PROGRAMA:

  • 11.45 h: Encontro no Coto” ( a carón da estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial).
  • 12.00 h: Acto no monólito de Sá (https://goo.gl/maps/RXdDBzK4eJRzVq4z5), na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar, a beira da estrada N-547, onde apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño. A continuación, inicio de roteiro na memoria de Marcial Villamor Varela (Vilouriz), Ramón Rodríguez Varela, Curuxás (Vilamor), Delfino Liñeira Fraga,O tranviario (Piñeiro) e Benedicto Fuentes Díaz (Curbián) .
  • 14,30 h: Xantar na Eira da Xoana ( comida de confraternidade; partíllanse os alimentos que achegan as persoas participantes)
  • 16,30 h. Acto no monólito da Eira: homenaxe a Primo Castro Vila, que foi alcalde republicano en Agolada, e a todas as persoas que sufriron persecución polo seu compromiso coas causas xustas.
  • 17,30 h Presentación, pola súa autora, do libro “A QUADRATURA DO CÍRCULO” de Adela Figueroa Panisse (o libro contén un relato dedicado aos mestres da República que sufriron represalias e castigos).

 

No seguinte mapa aparace o roteiro da memoria

Deixamos tamén as coordenadas das paradas do roteiro:

  • Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño: “Saa” 42.890611, -7.928306
  • Ramón Rodríguez Varela, Curuxás: “Vilamor” 42.943298, -7.951601
  • Marcial Villamor Varela: “Vilouriz” 42.945089, -7.935159
  • Delfino Liñeira Fraga,O tranviario: “Piñeiro” 42.945099, -7.976348
  • Benedicto Fuentes Díaz: “Curbián” 42.860323, -7.908745

Por último deixamos as coordenadas da Eira da Xoana 42.841363, -7.977787

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad