DOMINGO 7 DE MAIO: USOS DAS PLANTAS SILVESTRES E “CANTAR, TOCAR E BAILAR PARA SERMOS NÓS”

Que podemos facer coas herbas ventureiras?

O domingo, 7 de maio, quedamos en Melide con María para apañar herbas ventureiras no contorno do seu horto; logo,xa na Eira da Xoana fará ela preparados con diferentes utilidades: unhas son comestíbeis, outras serven para facer pomadas, outras para recuperar os folgos se estás algo debilitado…

O punto de encontro será no centro de Melide, no cantón de San Roque, ás 11,30 h, para despois achegármonos ás proximidades do seu horto, onde ten controlado o que quere amosarnos.

VEN APRENDER O QUE A NATUREZA NOS AGASALLA DE BALDE!!

Pola tarde teremos como de costume “CANTAR, TOCAR E BAILAR PARA SERMOS NÓS”.

PROGRAMA
 

11.30 h: Encontro en Melide. No cantón de San Roque.

14.30 h: Xantar de convivio.

16.30 h – 16.30 h: “POLO GUSTO DE CANTAR”. Cantigas populares. Ricardo Seixo.

17.30 h – 18.00 h: BAILE TRADICIONAL. Con Noa Seixo.

18.00 h – 18.30 h: PANDEIRETA. Con Noa Seixo.

 

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad