SÁBADO 18 DE MARZO: “AQUÍ A PRIMAVERA”


PROGRAMA

11.30 h: Encontro na Eira. Organización do roteiro polo río Ulla.

12.00 h: Comezo do roteiro. Dirixe: Elvira Cienfuegos. Durante o percorrido faranse diferentes paradas para as explicacións e comentarios que a dirección estime oportunos. En cada unha recitarase un poema e farase un canto tradicional. Haberá un caderniño cos cantos para todas as asistentes que previamente avisen da súa presenza. Coordinación de cantos e recitados: Ricardo Seixo

14.00 h: Remata o roteiro coa chegada á Eira.

15.00 h: Xantar de convivio.Cadaquén levará o seu para compartillar.

17.00 h: Presentación do Poemario “Pousos de natureza”

Intervirán:

  • Pepe Salvadores (presentación)
  • Ricardo Seixo (autor e editor)
  • Recitadoras do colectivo “Gosto de vivir a poesía”, da Asoc. Veciñal AGRA.
  • Grupo musical, MARAXE.

18.30 h: Remate do acto e tempo para convivir falando, cantando… ao gosto de cada quen.

 

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad