O vindeiro sábado, 26, imos celebrar o Entroido na Eira da Xoana.
Nese día nomearemos a Raíña Lupa do ano, un recoñecemento a mulleres polos seu traballo continuado no ámbito cultural ou no do medio ambiente.
Será este o cuarto nomeamento. O primeiro foi o de Isabel Risco, actriz; o segundo o de Iolanda Aldrey, poeta, e o terceiro o da activista cultural M.Antonia Pérez Rodríguez.
O acto de designación da Raíña Lupa ten unha parte formal pero desenvólvese de xeito divertido, como corresponde ao Entroido. E inclúe un xantar estupendo, un cocido con ingredientes de moita confianza.
Para o xantar é necesario anotarse, ben no enderezo de correo fundacion@eiradaxoana.gal ou no teléfono 659 683 384.
En breve enviaremos o programa completo, que vai dar comezo ás 12 h.
.

