SÁBADO 24 DE OUTUBRO: ENCONTRO ECOLOXISTA 2026: TEMOS RAÍCES

ENCONTRO ECOLOXISTA 2026: TEMOS RAÍCES – 24 DE OUTUBRO NA EIRA DA XOANA

O vindeiro sábado 24 de outubro, a Eira da Xoana, en Ramil (Agolada), acollerá o Encontro Ecoloxista 2026: Temos Raíces, organizado pola Federación Ecoloxista Galega, coa colaboración da Fundación Eira da Xoana.

O encontro xirará arredor dos retos do ecoloxismo ante o contexto xeopolítico actual e as súas repercusións ambientais. A xornada incluirá tamén traballo comunitario na Eira da Xoana, debates sobre os lumes e a expansión dos terreos dedicados á vide para a produción de viño, ademais de proxeccións.

Contido e estrutura da xornada do sábado 24 de outubro:

  • 11h a 12:30h: Reflexión sobre os retos que para o ecoloxismo supón o contexto xeopolítico actual e as súas repercusións ambientais coa participación de Christoph R. Schreinmoser, Director do do IGADI
  • 12:30ha 14h: traballo en común e roteiro na Eira da Xoana
  • 14h a 16:30h: xantar común, para o que cada persoa se encargará de achegar a súa propia comida.
  • 16:30h a18h: afondaremos en dúas liñas de traballo que están a levar os diferentes colectivos da FEG, para compartir coñecementos, accións, propostas, etc.
    • 16:30 a 17h: o CES presentará o traballo que están a facer en relación á extensión do cultivo da vide.
    • 17 a 18h: trataremos sobre o traballo feito arredor dos lumes, tanto polos colectivos como pola propia Federación, coa idea de establecer prioridades, xerarquizando accións e ámbitos de incidencia en relación a criterios de posibilidade, eficacia ou estratexia. Trataríase de poder reflexionar sobre as moitas actividades xa realizadas para evitar reiteracións, duplicidades ou esforzos ineficaces de cara ao futuro.
  • 18h a 19h: Pecharemos a xornada coa proxección da peza do proxecto Filtrando a Luz, Rizoma V, sobre a custodia do territorio.

Inscrición

Inscríbete e participa nas xornadas:

https://forms.gle/6YhjUnnoGZxHRLjM6

Eira da Xoana – Ramil (Agolada)
Sábado, 24 de outubro de 2026

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad