DOMINGO 23 DE AGOSTO: HOMENAXE AS VÍTIMAS DA REPRESIÓN

ADEGA e a FUNDACIÓN EIRA sumámonos, un ano máis, á homenaxe ás persoas que sufriron a represión por defenderen a xustiza, a liberdade e unha sociedade máis xusta.

Un encontro para manter viva a memoria, o recoñecemento e o tributo a todas aquelas persoas perseguidas e represaliadas durante os anos da ditadura franquista.

PROGRAMA

12.00 h: Acto no monólito de Saa, na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar onde apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño.

A continuación, faremos o Roteiro da Memoria, lembrando a:

  • Marcial Villamor Varela, en Vilouriz.
  • Ramón Rodríguez Varela, Curuxás, en Vilamor.
  • Delfino Liñeira Fraga, O Tranviario, en Piñeiro.
  • Benedicto Fuentes Díaz, en Curbián.

14.30 h: Xantar organizado pola Eira da Xoana.

16.30 h: Acto da memoria no monólito da Eira.

Un ano máis xuntarémonos para lembrar a quen loitou pola xustiza e a liberdade e a todas as persoas que sufriron persecución e represión polo seu compromiso cunha sociedade máis xusta.

Coordenadas das paradas do Roteiro da Memoria:

  • Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño — Saa: 42.890611, -7.928306
  • Ramón Rodríguez Varela, Curuxás — Vilamor: 42.943298, -7.951601
  • Marcial Villamor Varela — Vilouriz: 42.945089, -7.935159
  • Delfino Liñeira Fraga, O Tranviario — Piñeiro: 42.945099, -7.976348
  • Benedicto Fuentes Díaz — Curbián: 42.860323, -7.908745

Memoria, verdade, xustiza e reparación.

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad