SÁBADO 21 DE XUÑO: SOLSTICIO DE VERÁN NA EIRA

Co solsticio de verán chega unha das celebracións máis especiais do ano na Eira da Xoana. Unha xornada para atoparnos, compartir mesa, cultura e música, e celebrar a chegada da estación máis luminosa do ano nun espazo único de natureza e convivencia.

Ao longo da tarde teremos a oportunidade de coñecer mellor a riqueza natural do Monte Rubio nun roteiro interpretativo guiado polo biólogo Iván Orois, que nos achegará aos endemismos e singularidades deste espazo natural. A continuación, a compañía Fantoches Baj presentará a súa obra “Castelao, un corazón á intemperie”, unha proposta que nos achega á figura de Castelao a través do teatro popular.

A música seguirá sendo protagonista coa actuación de Raúl Galego con Dani & Amaro, Os Xígaros de Andaina, e tamén de Carmel & Denis, acompañando a tradicional sardiñada solidaria e a foliada aberta para celebrar a chegada do verán.

Como sempre, a Eira convértese nun espazo de encontro para persoas de todas as idades, onde a cultura galega, a amizade e o respecto pola natureza son os verdadeiros protagonistas.

PROGRAMA

14:00 h – Xantar de convivio.

16:30 h – Roteiro interpretativo dos endemismos do Monte Rubio, guiado por Iván Orois.

19:00 h – Acendido da fogueira para a sardiñada.

19:30 h – Teatro: Castelao, un corazón á intemperie, por Fantoches Baj.

21:00 h – Sardiñada solidaria. Achega: 10 €.

A continuación – Música e foliada con Raúl Galego, Dani & Amaro (Os Xígaros de Andaina), Carmel & Denis e todas as persoas que se queiran achegar para cantar, tocar e compartir festa.

O verán comeza na Eira. Trae ganas de gozar, compartir e celebrar.

AGARDÁMOSTE! ?????

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad