DOMINGO 21 DE XUÑO: SOLSTICIO DE VERÁN NA EIRA

Co solsticio de verán chega unha das celebracións máis especiais do ano na Eira da Xoana. Unha xornada para atoparnos, compartir mesa, cultura e música, e celebrar a chegada da estación máis luminosa do ano nun espazo único de natureza e convivencia.
Ao longo da tarde teremos a oportunidade de coñecer mellor a riqueza natural do Monte Rubio nun roteiro interpretativo guiado por Iván Orois e Elisa. A continuación, a compañía Fantoches Baj achegaranos o seu teatro popular coa representación de “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, unha proposta chea de humor, emoción e memoria.
A música seguirá sendo protagonista coa actuación do cuarteto de frautas deBíselas, que dará paso á tradicional sardiñada solidaria e á gran foliada aberta para celebrar a noite máis curta do ano con Bico da Balouta, Raúl Galego e todas as persoas que se queiran achegar para cantar, tocar e compartir festa.
Como sempre, a Eira convértese nun espazo de encontro para persoas de todas as idades, onde a cultura galega, a amizade e o respecto pola natureza son os verdadeiros protagonistas.
PROGRAMA
14:00 h – Xantar de convivio.
16:00 h – Roteiro interpretativo dos endemismos do Monte Rubio, guiado por Iván Orois e Elisa.
18:00 h – Teatro: A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, por Fantoches Baj.
19:00 h – Actuación do cuarteto de frautas deBIselas.
21:00 h – Sardiñada solidaria. Donativo: 10 €.
A continuación – Foliada aberta con Bico da Balouta, Raúl Galego e todas as persoas que se queiran achegar para cantar, tocar e compartir festa.
O verán comeza na Eira. Trae ganas de gozar, compartir e celebrar.
Agardámoste! ?????
