SÁBADO 18 DE ABRIL: DÍA DA AGRA NA EIRA DA XOANA. ALTRI NON!!!

A Eira da Xoana acolle unha nova edición do Día da Agra, unha xornada de encontro, convivencia e cultura na defensa do noso rural fronte ao proxecto de Altri.
PROGRAMA
11:30 h: Encontro na Eira.
12:00 h: Saída cara ao Centro Xeográfico de Galiza (Nugallás – Antas de Ulla), pasando pola aldea de Santa Mariña de Amarante (Vía Crucis de pedra e “Casa dos condes”) e polo Castro de Amarante.
14:00 h: Xantar de convivio na Eira.
16:30 h: Actividade cultural colectiva:
- Actuación de Fran Rei.
- Recitado de poemas a prol do feminismo e en defensa dos dereitos da muller, en homenaxe a Begoña Caamaño (Colectivo “Gosto de vivir a poesía”).
- Presentación do libro de Carlos Miguélez Val: “As Terras Máxicas de Barazón”
- Actuación do colectivo Tradivivas AGRA.
- Actuación do colectivo “A Eira que canta”.
- Outros.
19:30 h: Remate do encontro.
✊ ALTRI NON!
