Obradoiro: Fago a miña pandeireta
Dende a Fundación Eira da Xoana colaboramos na difusión deste obradoiro organizado pola Asociación Veciñal Agra do Orzán, no que poderás aprender a facer a túa propia pandeireta tradicional galega da man do artesán Rafael Regos.
📅 Sábado 28 de marzo de 2026
🕒 15:30 – 21:30 h
📍 Local da Asociación Agra
Rúa Entrepenas 38, soto – 15010 A Coruña
💰 Prezo: 70 €/persoa (inclúe todo o material necesario para facer o instrumento)
👥 Grupo: mínimo 8, máximo 15 persoas
📝 Inscrición: ata o 22 de marzo, presencialmente no local veciñal ou no teléfono 981 261 044, de luns a venres (agás festivos) das 18 ás 20 h.
Admisión por orde de inscrición; prioridade das socias/os das entidades convocantes (Asociación veciñal Agra e Fundación Eira – ADEGA).

