SÁBADO 14 DE MARZO: OBRADOIRO DE CESTARÍA VIVA NA EIRA DA XOANA

O sábado 14 de febreiro, a Eira da Xoana acolle un obradoiro práctico de Cestaría Viva, centrado na construción dunha sebe viva mediante técnicas tradicionais de entrelazado e “maraña”.
Será unha xornada para aprender facendo, traballar coas mans e entender como se poden crear estruturas vivas con pólas e materiais naturais, nun espazo de convivencia e aprendizaxe ao aire libre.
PROGRAMA
10.30 h: Comezo da actividade. Café de benvida.
(Traballo práctico: construción dunha sebe viva e técnica da maraña)
14.00 h: Xantar. Cada persoa leva o seu.
15.30 h: Hora de recomezar.
19.00 h: Fin da actividade.
Prezo: 20 €
LUGAR
Eira da Xoana, Ramil (Agolada)
Se non coñeces a zona, podes consultar aquí as indicacións para chegar:
https://eiradaxoana.gal/onde-estamos
INSCRICIÓN PREVIA
É necesario anotarse por razóns de organización.
No formulario solicitaranse nome, apelidos e DI das persoas participantes para a xestión do seguro da actividade.
Recoméndase traer luvas, tesoiras de podar e lentes de protección, así como roupa cómoda axeitada para traballar no exterior.
Vémonos o 14!
Contamos contigo.
