SÁBADO 14 DE FEBREIRO: ENTROIDO NA EIRA DA XOANA

O sábado 14 de febreiro, a Eira da Xoana celebra o Entroido, unha xornada de encontro, reivindicación e festa popular, aberta a todas as persoas que queiran compartir mesa, memoria e alegría colectiva.

Neste Entroido designaremos a Raíña Lupa 2026, recoñecemento que este ano recae en Rosana Prieto Florines, brutalmente castigada pola policía após manifestar a súa solidariedade co pobo palestino ao paso de La Vuelta.

A proclamación terá unha parte formal, mais desenvolverase dun xeito festivo e divertido, como corresponde ao espírito do Entroido.

PROGRAMA

12.00 h: Preparativos do xantar.
Agradécese a colaboración de quen poida botar unha man.

14.00 h: Xantar popular.
Degustación dun cocido, con ingredientes de confianza e con “denominación de orixe”: Lugo.

16.30 h: Proclamación e homenaxe da Raíña Lupa 2026.
Un acto simbólico, reivindicativo e cheo de humor entroidesco.

Para o xantar é necesario anotarse, por razóns de organización:
– Por correo electrónico fundacion@eiradaxoana.gal
– Ou no teléfono 659 683 384
Achega económica: 16 €

É bo vir coa chaqueta revirada ou con disfraz de loba.

Vémonos o 14!
Contamos contigo.

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad