AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE COLABORAR COA EIRA DA XOANA

💚 A Eira da Xoana segue viva grazas ás persoas que a apoian

A Fundación Eira da Xoana ten recoñecido o interese público. Isto significa que as doazóns realizadas á Fundación contan con desgravación fiscal na declaración anual da renda, que pode chegar ata o 80 % da achega, segundo as circunstancias de cada persoa doante.

Se neste ano aínda non fixeches a achega económica que che gustaría facer, aínda estás a tempo.
Cada contribución, grande ou pequena, axúdanos a manter o espazo, coidar o patrimonio e seguir desenvolvendo actividades culturais, ambientais e comunitarias ao longo de todo o ano.

👉 Para facer a doazón, lembra indicar os teus datos tal e como figuran en Facenda e incluír no concepto a palabra “doazón”.

🤝 Grazas por formar parte da Eira e por axudarnos a seguir construíndo este proxecto colectivo.

Fai unha doazón

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad