SÁBADO 06 DE DECEMBRO: NA EIRA O RURAL RESISTE CONTRA ALTRI. ALTRI NON!!!

Os primeiros sábados de cada mes, a Eira da Xoana convértese nun espazo vivo para defender o noso rural e construír, entre todas, o país que queremos. Música, convivencia, tradición e reivindicación combínanse para manter viva a nosa cultura e apoiar a defensa do territorio fronte ao proxecto de Altri.
PROGRAMA
14.30 h: Xantar de convivio.
16.30 h – 17.30 h: “POLO GUSTO DE CANTAR”. Cantigas populares. Ricardo Seixo.
17.30 h – 18.30 h: BAILE TRADICIONAL. Con Noa Seixo.
18.30 h – 19.00 h: PANDEIRETA. Con Noa Seixo.
Unha tarde perfecta para aprender, gozar e compartir saberes na Eira, aberta a todas as idades e niveis.
Asóciate, participa, suma. Agardámoste!
