🎄 LOTARÍA DE NADAL DE ADEGA 2025 – NÚMERO 55240

Xa temos dispoñible na Eira da Xoana a Lotaría de Nadal de ADEGA para o sorteo do 22 de decembro de 2025.
O número deste ano é o 55240.
Cada participación consta de:
- 4 € xogados ao número 55240 para o sorteo de Nadal.
- 1 € destinado ao sorteo dun lote de produtos ecolóxicos que ADEGA realizará o mesmo día entre os/as posuidores/as dos recibos que coincidan coas catro últimas cifras do primeiro premio da Lotaría de Nadal.
Prezo total da participación: 5 €.
Os premios serán pagados no local nacional de ADEGA situado en Santiago de Compostela.
Premios suxeitos á normativa fiscal.
Caduca aos tres meses.
🎄 Podes conseguir a túa participación contactando con nós polas redes sociais ou no correo fundacion@eiradaxoana.gal.
