SÁBADO 9 DE NOVEMBRO: XORNADA MICOLÓXICA SEN ALTRI!!!

O sábado 9 de novembro, a Eira da Xoana acollerá unha nova xornada dedicada á micoloxía, á natureza e á convivencia: a Xornada Micolóxica sen ALTRI.
Contaremos coa guía e asesoramento do micólogo e farmacéutico Alberte Granja, que nos axudará a coñecer mellor o fascinante mundo dos cogomelos e a súa importancia ecolóxica 🌱
Será unha xornada de encontro, aprendizaxe e desfrute colectivo, cun xantar compartido aberto a todas as persoas que queiran participar 🎶
