SÁBADO 8 DE NOVEMBRO: XORNADA MICOLÓXICA SEN ALTRI!!! E OBRADOIROS DE CANTO, BAILE E PANDEIRETA

O sábado 8 de novembro, a Eira da Xoana acollerá unha nova xornada dedicada á micoloxía, á natureza e á convivencia: a Xornada Micolóxica sen ALTRI.

Contaremos coa guía e asesoramento do micólogo e farmacéutico Alberte Granja, que nos axudará a coñecer mellor o fascinante mundo dos cogomelos e a súa importancia ecolóxica 🌱

Será unha xornada de encontro, aprendizaxe e desfrute colectivo, cun xantar compartido e, pola tarde, como sempre a pricipio de cada mes, os obradoiros de canto, baile e pandeireta, abertos a todas as persoas que queiran participar 🎶

PROGRAMA

11.00 h: Encontro na Eira.

11.30 h: Xornada micolóxica, co asesoramento e guía de Alberte Granja. Palestra introdutoria e saída para o recoñecemento dos cogomelos.

14.30 h: Xantar de convivio.

16.30 h – 17.30 h: “POLO GUSTO DE CANTAR”. Cantigas populares. Ricardo Seixo.

17.30 h – 18.30 h: BAILE TRADICIONAL. Con Noa Seixo.

18.30 h – 19.00 h: PANDEIRETA. Con Noa Seixo.

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad