SÁBADO 23 DE AGOSTO: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN. SEN ALTRI!


Cartaz 23 de agosto

 

PROGRAMA
11:45 h: Encontro no Coto, a carón da estrada N-547, entre Melide e Palas de Rei, xusto no límite provincial.
12:00 h: Acto no monólito de Sá (ver en Google Maps), na volta de Ludeiro (Palas de Rei), onde apareceron os corpos sn vida de Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño.
A continuación, roteiro na memoria de:
  • Marcial Villamor Varela (Vilouriz)
  • Ramón Rodríguez Varela, Curuxás (Vilamor)
  • Delfino Liñeira Fraga –O tranviario– (Piñeiro)
  • Benedicto Fuentes Díaz (Curbián)
14:30 h: Xantar na Eira da Xoana (comida de confraternidade; cada participante trae e comparte alimentos).
16:30 h: Acto no monólito da Eira. Este ano adicarémolo a Palestina, porque cando recordamos a represión sufrida neste país, non podemos esquecer o que nestes momentos está a sufrir o pobo palestino. Ergueremos na nosa casa a súa bandeira, como mostra de solidariedade.
Tamén lembraremos a Primo Castro Vila, que foi alcalde republicano en Agolada.
Coordenadas das paradas do roteiro:
  • Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño: “Saa” → 42.890611, -7.928306
  • Ramón Rodríguez Varela (Curuxás): “Vilamor” → 42.943298, -7.951601
  • Marcial Villamor Varela: “Vilouriz” → 42.945089, -7.935159
  • Delfino Liñeira Fraga (O tranviario): “Piñeiro” → 42.945099, -7.976348
  • Benedicto Fuentes Díaz: “Curbián” → 42.860323, -7.908745

 


Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad