DOMINGO 1 DE XUÑO: Nin ENCE na ría, nin ALTRI na Ulloa!

A cidadanía galega mobilízase de novo en defensa do territorio, da saúde e do futuro das nosas comarcas. O vindeiro domingo 1 de xuño ás 12:00 h, convocamos unha gran marcha contra as celulosas.

Saídas: desde as alamedas de Marín e Pontevedra. Unímonos para dicir ben claro:

CELULOSAS FÓRA!

Por que nos mobilizamos?

  • Porque queremos rías limpas e libres de contaminación industrial.
  • Porque defendemos os montes vivos, o rural e a biodiversidade.
  • Porque proxectos como o de ALTRI son unha ameaza para a Ulloa e o medio ambiente.

Que reclamamos?

  • Un modelo económico sostible e respectuoso co territorio.
  • A paralización inmediata do proxecto de ALTRI en Palas de Rei.
  • O peche definitivo de ENCE na ría de Pontevedra.
  • Un futuro digno para as comarcas afectadas, baseado no respecto pola natureza e pola saúde das persoas.

Como podes colaborar?

Participando, difundindo a convocatoria e sumándote á mobilización. Xuntas e xuntos temos forza para parar as celulosas e defender o noso!

Domingo 1 de xuño, 12:00 h – Marín e Pontevedra
Nin ENCE na ría, nin ALTRI na Ulloa. O territorio non se vende, deféndese!

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad