A Plataforma Galiza pola Paz convoca unha mobilización cidadá este sábado 31 de maio ás 12:30 h na Praza Roxa de Compostela, baixo o lema:
Máis gasto social, menos militarismo
Nun momento no que os orzamentos públicos se destinan cada vez máis a armamento e estruturas militares, reclamamos unha reorientación clara das prioridades: queremos unha sociedade que invista en educación, sanidade, vivenda, coidados e benestar, non en fomentar conflitos e guerras.
Por que mobilizarnos?
- Porque o aumento do gasto militar non é garantía de seguridade, senón de máis tensións e destrución.
- Porque a OTAN non representa os intereses da poboación galega nin europea.
- Porque Galiza debe ser unha terra de paz, de acollida e de solidariedade, non unha peza máis nun taboleiro de guerra.
Que propoñemos?
- A saída da OTAN e o desmantelamento da súa infraestrutura en Europa.
- A fin do envío de armas a zonas en conflito.
- A recuperación do investimento público para políticas sociais reais e útiles.
- A promoción dunha cultura de paz, diálogo e cooperación internacional.
Únete!
Se compartes estes principios, participa na mobilización do sábado 31. Só coa túa presenza poderemos facer forza e visibilizar que outra Galiza é posible: unha Galiza pola Paz.

