A Eira da Xoana volve acoller unha nova edición do Día da Agra, unha xornada de encontro, cultura e compromiso coa terra.
Lugar: Eira da Xoana – Ramil (Agolada)
Data: Sábado, 10 de maio de 2025
PROGRAMA:
- 11:30 h – Recepción das persoas asistentes e benvida por parte da Fundación Eira.
- 12:00 h – 14:00 h – Visita guiada á Explotación queixeira ARQUEIXAL e á súa proposta cultural.
A visita terá un custe de 5 €, que se destinarán como axuda solidaria para facer fronte aos gastos da loita contra a celulosa ALTRI. - 14:30 h – 16:30 h – Xantar na Eira: cada quen trae a súa comida e compartimos mesa, conversa e sabor.
- 16:30 h en diante – Inicio das actividades culturais:
- Lembranza e homenaxe a Luz Fandiño, coa participación do colectivo Gosto de vivir a poesía da Asociación Veciñal da Agra do Orzán.
- Foliada aberta coa actuación de:
- Raíñas ao lado de…
- Maraxe
- Eira da Xoana Folc
- …e todas as persoas ou colectivos que queiran sumarse a partillar a súa música.
Hora de remate: Sen límite fixo. Cando colectivamente decidamos poñer fin á festa.
ALTRI NON!
Defendemos un rural vivo e sostible, libre de macroproxectos destrutivos.
Organiza: Asociación Veciñal da Agra do Orzán
Colaboran: Fundación Eira, ADEGA

