???? 15 de febreiro | ???? Desde as 12 h ata a posta do sol
Moito antes de que aparecese o ecoloxismo, xa celebrabamos en Galicia o Día da Árbore. A celebración máis antiga da que se ten constancia data do 4 de febreiro de 1569 en Mondoñedo.
Máis adiante, en moitos lugares, esta xornada ía acompañada de tradicións como vestir o traxe tradicional e recitar poesía, tal e como recolle un recordatorio de principios do século pasado en Arteixo.
Recuperemos a nosa memoria e celebremos o Día da Árbore, como se facía desde tempos ben remotos.
???? Para este día, se podes, trae unha peza do traxe tradicional e un poema (orixinal ou xa publicado). As árbores poñémolas nós, para que poidas plantar a túa propia na Eira da Xoana.
???? Agardámoste!

