Os días empezan a medrar e hai que celebralo!
O día 21, a partir das 5 da tarde, estaremos na Eira para facermos entre todos e todas a festa do solsticio e a chegada do inverno. SEN ALTRI!
PROGRAMA:
- 17:00 h Preparativos para a xornada SEN ALTRI.
- 17:45 h Subida ao Cotón SEN ALTRI para ver o solpor.
- 18:00 h Queima do ano vello e acendido do toro do Natal. SEN ALTRI
- 18:30 h Merenda-cea (cada quen trae o que lle pareza para compartir) e comenzo da festa do solsticio de inverno con:
Bico da Balouta, Raúl e Amaro Galego, Carmel&Denis con música irlandesa, Iria Rei, Curra e Eladio, Xosé Mosqueira…
Queimada. - Festa ata que queiramos SEN ALTRI!

