SÁBADO 21 DE SETEMBRO: “Roteiro interpretativo en Santo Estevo do Ermo”

Redescubre o patrimonio menos coñecido da Mariña lucense canda nós o próximo sábado, 21 de setembro!

Camiñaremos por unha paraxe natural espectacular onde atoparemos biodiversidade única e unha fervenza.

Falaremos sobre igrexas medievais, fontes de augas santas, tradicións e lendas.

Analizaremos a flora e fauna para coñecer a calidade das augas do rego de Santo Estevo.

Aproveitaremos para recoller lixo no marco da XVII Limpeza de Ríos de ADEGA.

A actividade é gratuíta. Inscríbete aquí: https://forms.gle/ewspNNtnwjFTknpt7

Toda a info aquí: https://adega.gal/axenda.php?id=1227&idioma=gl&sec=12

Colaboran: Fundación Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e Irmandade de Santo Estevo.

Financia: Augas de Galicia

 

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad