DOMINGO 1 DE SETEMBRO: XORNADA DE IRMANDADE E CELEBRACIÓN EN SANTO ESTEVO DO ERMO

Como ben sabedes este acto suspendeuse hai un mes por mor do mal tempo que impedía a súa celebración; agora, retómase: A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, a unha comida de confraternidade e a un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. Queremos celebrar con todos e todas vós este importante logro e amosarvos, “en persoa”, o espazo que, grazas a vosa xenerosidade, estamos a preservar e recuperar.

PROGRAMA:

  • 14.30 h: Comida. Cada participante debe levar a súa propia comida. Será unha oportunidade para compartir e gozar dun ambiente de compañeirismo e celebración.
  • 17.00 h (aprox.): Paseo pola fraga de Santo Estevo. Durante a visita, poderase coñecer en detalle o espazo natural e arqueolóxico que estamos a preservar, incluíndo os restos da antiga igrexa e o xacemento medieval.

Para facilitar a organización do evento, rogámosvos que confirmedes a vosa asistencia enviando un correo electrónico a fundacion@eiradaxoana.gal ou no seguinte formulario antes do xoves 29 de agosto.

Erro: Formulario de contacto non atopado.

 

Coordenadas para chegar a ermida de Santo estevo de Ermo:

  • GMS: 43°31’23.3″N 7°14’13.2″W
  • GD: 43.523133022024766, -7.236932297747453

 

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad