SÁBADO 17 DE AGOSTO: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN.
ADEGA e a FUNDACIÓN EIRA sumámonos, un ano máis, á homenaxe que viñan facendo desde anos atrás outras organizacións. Memoria, recoñecemento e tributo ás persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.
PROGRAMA:
- 11.45 h: Encontro no Coto” ( a carón da estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial).
- 12.00 h: Acto no monólito de Sá (https://goo.gl/maps/RXdDBzK4eJRzVq4z5), na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar, a beira da estrada N-547, onde apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño. A continuación, inicio de roteiro na memoria de Marcial Villamor Varela (Vilouriz), Ramón Rodríguez Varela, Curuxás (Vilamor), Delfino Liñeira Fraga,O tranviario (Piñeiro) e Benedicto Fuentes Díaz (Curbián) .
- 14,30 h: Xantar na Eira da Xoana ( comida de confraternidade; partíllanse os alimentos que achegan as persoas participantes)
- 16,30 h. Acto no monólito da Eira: homenaxe a Primo Castro Vila, que foi alcalde republicano en Agolada, e a todas as persoas que sufriron persecución polo seu compromiso coas causas xustas.
- Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño: «Saa» 42.890611, -7.928306
- Ramón Rodríguez Varela: Curuxás «Vilamor» 42.943298, -7.951601
- Marcial Villamor Varela: «Vilouriz» 42.945089, -7.935159
- Delfino Liñeira Fraga,O tranviario: «Piñeiro» 42.945099, -7.976348
- Benedicto Fuentes Díaz: «Curbián» 42.860323, -7.908745
Para construír un milladoiro en honra a quen loitaron por unha sociedade máis xusta, trae unha pedriña do lugar do que veñas.
No seguinte mapa aparace o roteiro da memoria
Deixamos tamén as coordenadas das paradas do roteiro:
Comentarios
SÁBADO 17 DE AGOSTO: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN. — No hay comentarios
HTML tags allowed in your comment: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>