
PROGRAMA
12:00: Encontro na Eira para realizar preparativos.
15:00: Xantar de convivio.
16:30: Roteiro para recoñecemento da flora endémica e característica da Ulloa e Terra de Melide, no lugar onde queren instalar a macrocelulosa de Altri.
18:30: Comezo da actividade e da festa da noite. Elaboración da cacharela e das sardiñas, torresmos e liscos e música cos do Bico da Balouta, Xosé Mosqueira e quen queira acompañarnos. Achega solidaria 10€.
00:00: Remate da festa.
