DOMINGO 26 DE MAIO: ACOLLIDA E HONRA na Eira da Xoana A LUZ FANDIÑO, POETA da TERRA

O próximo domingo, logo da manifestación contra a celulosa de Altri, darémoslle a acollida e farémoslle honra a Luz Fandiño na Eira da Xoana.

A partires das 4,30 da tarde comezará o acto con diferentes encontros abertos a quen queira participar nesta leda homenaxe á poeta da Terra.

No espazo da Eira hai lugar para o xantar que poidas traer, se é do teu interese compartir con nós o tempo da comida.

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad