Hoxe, 28 de abril, foise Luz Fandiño; Luz, entrañable amiga da Eira da Xoana.
Que de boa gana viña, canto nos fixo gozar coas súas cantigas, cos seus poemas, coa súa palabra rebelde e combativa.
Foise Luz, pero seguirá, con nós, na Eira, sempre viva na nosa memoria. Estaremos con ela en Santiago no acto do día 5, estaremos con ela na Eira no acto que por ela, para ela, faremos na tarde do 26 de maio.

