???? AMIZADES DA EIRA

As Amizades da Eira son persoas que deciden acompañarnos no día a día, apoiar o noso proxecto e formar parte desta rede de coidado, compromiso e vida comunitaria no rural.

Se che gusta o que facemos na Eira da Xoana…
Se cres que é importante para ti e para o País…
Se atopas aquí un lugar de acollida, respecto e amabilidade…
Se compartes o noso compromiso co ambiente, a ecoloxía e a vida na aldea

Entón, faite Amizade da Eira!


???? Como colaborar

As Amizades poden participar de dúas maneiras:

  • ???? Facéndote socia/o colaborador/a, con achegas periódicas para soster o proxecto da Eira.
  • ???? Facendo unha achega puntual, cando poidas ou queiras colaborar.

Cada aportación, por pequena que sexa, contribúe a manter viva a Eira da Xoana e a facer realidade os seus soños colectivos.

???? As túas achegas desgravan na declaración da renda
Ao sermos unha Fundación sen ánimo de lucro, podes deducir ata o 80% da túa achega na declaración do IRPF.

???? En que colaboras?

Coas túas achegas apoiamos proxectos como:

  • “Recuperación de Saberes Populares”
  • “Revitalización do Mundo Rural”
  • “Vida da Aldea e da Comunidade”

???? Fai a túa achega

Conta bancaria:
2080 5034 61 3040007939

IBAN:
ES11 2080 5034 6130 4000 793

Lembra: as achegas están suxeitas a desgravación fiscal. Se precisas xustificante, contacta connosco.


✍️ Queres facerte Amizade?

Pódesnos escribir para recibir información, un formulario ou resolver dúbidas sobre como participar como Amizade da Eira.

Contacta connosco:
info@fundacioneira.gal


???? Grazas por formar parte

Grazas por soster, coidar e facer medrar a Eira da Xoana. Grazas por ser unha das nosas amizades ????

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias para garantir o correcto funcionamento e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar todas as cookies ou rexeitar aquelas que non sexan necesarias.    Máis información
Privacidad