SÁBADO 22 DE FEBREIRO: ENTROIDO E IV LUPERCAIS NA EIRA

É o cuarto ano que celebramos as lupercais na Eira e farémolo, como en anos anteriores, a partir das 14 horas, cun saboroso cocido de Lugo, co nomeamento da Raíña Lupa 2020, e con festa, na que, como é obrigado, teremos música.

A achega para o cocido é de 12 euros. Se prefires, podes traer o teu xantar da casa para o convivio. Se optas polo cocido –as prazas son limitadas- avisa antes do xoves, 20, ao teléfono de Pepe (659 68 33 84) ou de Marcial (616 62 73 18).

Se queres, vés disfrazado/a de loba; e se prefires vir doutra cousa, serás igualmente benvido/a. O importante é que veñas con ánimos festeiros!.

Para chegar a Eira preme aquí

Comments are closed.