SÁBADO 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO

A FESTA DO SOL sen luces artificiais!!

Na festa do sol, da luz, debe haber música, por suposto; debemos papar algo especial por ser festa, faltaba máis; pero todo isto podémolo facer ao calor e coa luz agarimosa do lume. Debe ser co gasto imprescindible de enerxía e cos produtos de preto, coa música e coas palabras dos nosos xenerosos amigos e amigas que recolleron os ecos que veñen de moi lonxe e pérdense na noite dos tempos.

Festexamos o ano que nace, os días que empezan a medrar, o frío que ven reparador e preciso; celebramos o poder estar e gozar da compaña da xente boa que se achega ata a plena natureza e teremos un recordo para os nosos defuntiños, que sempre deben estar presentes.

E dicir, facemos todo o contrario da moda, da moda da luciría cegadora, da música estranxeira, dos costumes importados, da comida sofisticada, do tabú do pasamento e do consumo desbordante.

E así o queremos facer, porque nos peta e porque queremos que a nosa festa sexa o máis natural, ecolóxica e galega posible.

POGRAMA:

  • 17.00 h: preparación dos fachos, do toro de Nadal, do boneco que representa o ano vello…
  • 18.00 h: saída en grupos cara ao Cotón e cara ao castelo de Pambre para despedir o sol.
  • 19.00 h: música, palabra e queima do toro
  • 20.00 h: cea (cada quen trae a súa comida para compartir). Degustación do doce “toro de nadal”.
  • 21.00 h: visita do Apalpador e festa: teatro (Fantoches Baj), música ( Bico da Balouta, Bico do mar…)

Para chegar a Eira preme aquí

Comments are closed.