Comments

VOTACION DO LOGO DA EIRA DA XOANA — 32 Comentarios

  1. escollo o número 7.
    non perde o caracol e ten un deseño máis orixinal

  2. o meu voto para o logo da EIRA DA XOANA é ao número 7, posto que sen perder a figura do caracol, tan característico da Eira da Xoana, ten un deseño atractivo, e identificador do que está a representar, é dicer, a nosa contribución a facer realidade unha utopía, no corazón da Galiza.

  3. A verdade é que estou indecisa, pero finalmente eu voulle dar o meu voto ó Logo 6, porque me parece o máis artesanal e persoal, de acordo co corazón rural de Galicia. Non só inclúe o caracol, ademáis leva as follas do carballo que está a beira da casa, e mais a imaxe da casa en sí, que é ben bonita.

  4. Eu tamém voto polo desenho num 6, polos mesmos motivos que expóm Vero e tamém porque é onde mais claro fica o nome, co que corriximos erros pasados doutros logos onde nom se aprecia bem o nome, que para mim é moi importante

  5. Elixiría o 7 pola estética (que me resulta “acolledora”) e por incluír caracol e planta; pero pode non quedar claro o nome, sobre todo en aplicacións nos que vaia pequeno. Outra opción sería o logo número 4, que simplifica a forma e deixa máis claro o nome.

  6. Se o 7 tivese a letra máis grande, eu votaría por el. Porque reflicte ben o que penso que é a Eira da Xoana. De non ser o 7 elixiría o 2, que aínda que non é moi “moderno” resalta o caracol que me parece que é importante.

  7. Xente!

    Moi bo traballo!

    Despois de moito meditar o logo que máis me gusta é o número 7

    Gústanme as liñas e o estilizado da forma. Se cadra as letras non son as mellores para leer máis en conxunto gustame moito. Parabens!

    Luis

  8. A min gústame o 7 polo feito de aparecer unha árbore cás mesmas linhas có caracol e esas espirais célticas son bonitas
    SAÚDOS

  9. Voto polo deseño número 7 porque é dinámico, ten o caracol e resulta moi actual.

  10. Voto polo 7, porque a súa estética paréceme máis axeitada para un proxecto coma este (transmite impresión de natural, tradicional, orgánico) e ademais porque me parece simplemente o máis lindo (para isto non hai xustificación…). É verdade que quizais a letra non sexa a máis clara de ler, pero o feito de semellar letra manuscrita tamén me parece un acerto no logo.

  11. Logo1, opción A

    É a máis clara e limpa, e expresa a perseverancia da asociación.

  12. Eu voto polo nº7, gústame a estética e paréceme atemporal.

  13. Voto polo logo número 4 porque creo que é sintético e claro, ben axeitado para as aplicacións que se poidan desenvolver a partir del.
    Tamén me gusta o 7, a idea está ben pero o nome non queda o suficientemente nídio e igual da problemas á hora das distintas aplicacións.
    Parabéns a tod@s e un saúdo!

  14. A verdade é que é de agradecer o traballo da xente que fixo as propostas.
    Despois de velas, percátome de que me gustan varias, aínda que todas serían perfectamente adecuadas.
    Na miña escolla primou o feito de que o logo vai ter que editarse a miúdo nun tamaño pequeno e debe ser ben identificábel e non demasiado complicado, ao meu entender.
    Quizais o logo 4 e o 5, que son deseños modernos, minimalistas, en verde, estarían ben.
    Tamén me gusta o logo 2.

  15. Creo que o 4 e o 5 son os máis fáciles de representar, sinxelos, modernos e acaídos, pero entre eles decantaríame polo 4 por ser máis o máis facilmente identificábel cos valores da Eira da Xoana, e ademais resulta moi impactante e atraínte a primeira vista. Sen dúbida a escolla de cor é a idónea, e o feito de que só use unha tinta facilita moito reproducilo en calquera soporte.
    A opción 7, sendo unha excelente infografía, paréceme excesivamente cargada para un logotipo, apenas convida a ler o nome e xa a nivel práctico aventuro futuras e serias dificultades para reproducilo en certos soportes, por exemplo a escalas pequenas, nun cuño, en vinilo…
    Apertas, Mario.

  16. A min gústame o logo nº 7, porque ten un deseño moderno e natural, aínda que a letra véxoa un pouco pequena…
    O logo nº 4 tamén está ben. Non sei qué tal estaría un “híbrido”: deseño do 7 e letra do 4. E unha opción para as indecisións!

  17. A verdade é que todos están moi ben pero coido que o 7 é o que máis me gusta.
    Bo traballo ós participantes!

  18. Eu decántome polo logo 7, simplemente porque é de moita beleza, chama moito a atención e iso é bo para que a xente se lembre.

    Se non queda nídio nos diferentes usos, pódense traballar pequenas variacións.

    Esa árbore co caracol é marabillosa.

  19. O seis, porque ademais do caracol aparece a casa, na que todo o mundo pensa cando di Eira da Xoana.

  20. Xa votei antes polo 6, mais gostaria de facer umha mocificaçom no desenho, se a/o desanhadora mo permite: é um pouco escuro, cinzento, todo o desenho, nom se ve bem, e iso poderia ser um problema para a claridade na impresom
    Penso que se lhe poderia dar algo de cor, por exemplo a cor verde de desenho 4 poderia ir bem para a folha de carbalho que arrodea o caracol.
    Outra idea : o “e” de eira deberia ir como o “x” de xoana, em negrinha, e tamem penso que ambas as duas letras deberiam ir em maiúsculas

  21. Entre o 4 e o 7 …definitivamente o 4 : unha síntese limpa e máxica da constancia e lentitude do caracol e a pegada celta.Enhoraboa.

  22. Claro,conciso e sinxelo.Facilmente asimilable cunha simple ollada.O 4

  23. Eu decántome polo 7, parece unha mixtura sinxeliña, pero moi artística ao mesmo tempo e sobre todo, representativa de todo o conxunto da Eira. O tema das letras pódese modificar un pouquiño para que se vexan mellor, si o autor o permite. Noraboa a todos os participantes, non lle falta mérito a ningún deles, aínda que a miña opción non fora elexida, gustaríame calquera das outras. Unha preta a todos moi forte. Chús.