DÍAS 24 E 25 DE NOVEMBRO: VISITA AO ALTO DOURO

Grazas á implicación do profesor da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (UTAD), Xerardo Pereiro, habitual colaborador da Eira da Xoana, podemos ofrecervos a posibilidade de facer unha visita polo Alto Douro, que o propio profesor guiará.

SÁBADO 24:

Chegada a Vila Real. Ás 11 horas visita guiada ao Museo de Vila Velha. Despois do xantar, visita ao Miradouro do Douro e á Casa de Mateus. Regreso a Vila Real, paseo guiado polo seu centro histórico e cea. Ás 21,30 h, espectáculo de danza ou café-convivio no Teatro de Vila Real.

Domingo 25:

Ás 10 h, saída para o Parque Natural do Alvao. Visita ás Fisgas de Ermelo e Lamas de Olo. Ás 12 h, vista ao ecoparque de Pedras Salgadas e ao exterior de Vidago Palace.. As 13,30 h, comida en Chaves. Despois, pequeno paseo guiado pola cidade (termas, castelo…). Regreso.

Para inscribirse podes empregar o seguinte formulario. Debes cubrir un formulario para cada persoa que queira participar na actividade:

[contact-form-7 id=”6086″ title=”Inscripción Visita Douro”]

O prazo remata o día 18 de novembro.

Para calquera consulta: 659 683 384 Pepe.

Podes descargar a planificación da visita no seguinte enlace: PLANO DA VISITA ALTO DOURO

Comments are closed.