Ademáis dos que aparecen no cartaz tamén participou a Asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui”.
A iniciativa estivo organizada pola Fundación Eira, Médicos do Mundo e AAVV Agra do Orzán.
O obxectivo xeral da actividade foi facer un chamamento a favor das persoas demandantes de refuxio, cunha marcha simbólica que tivo diferentes puntos de saída e co punto final no centro xeográfico da Galiza, no equipamento da Eira da Xoana.
Os puntos de saída para a marcha:
- Melide: xardíns do centro de Melide. 10.00 hs.
- Palas de Rei: praza do Concello. 10.00 hs.
- Antas de Ulla: praza do Concello. 10.00 hs.
- Agolada: pendellos de Agolada. 10.00 h.
- Santiso: praza do Concello. 10.00 hs.
Houbo coches de apoio durante as marchas para recoller ás persoas que o precisaron.
PROGRAMA dende a chegada á Eira da Xoana:
- 13.00 – 14.00 h: Realizamos saídas colectivas á procura dos coches particulares estacionados nos diferentes lugares de inicio da marcha.
- 14.30 h: Xantar comunitario. Cadaquém trouxo o seu para compartillar.
- 15.30 h: Inicio do acto no que tivemos diferentes intervencións literarias e musicais. Participaron:
- Músic@s: Eviña de la Torre, cantareir@s e pandereteir@s.comTIGO,…
- Contacontos: Anxo Moure