SÁBADO 02 DE XANEIRO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS NA EIRA

actividades xaneiro 2014 13

Como en anos anteriores, nesta primeira fin de semana do ano 2016, iniciaremos as quedadas dos primeiros sábados de mes.
 
A nosa República Ecolóxica segue adiante como lugar de encontro solidario, galego e ecolóxico onde reina a paz, a alegría e o traballo absolutamente desinteresado polos/as demais.

Agardámoste para seguir facendo realidade esta utopía!

PROGRAMA:

12.00 h => Encontro na Eira.

14.30 h => Xantar de convivio. Cadaquén, como de costume, trouxo o seu para compartir entre tod@s @s compañeir@s.

16.30 h => Faremos algunha actividade que nos axude a comezar mellor o ano e realizar algún exercicio que compense os excesos dos xantares destas datas de celebración..

19:00 h => Coa chegada da noitiña, dimos por rematada a xornada.

Comments are closed.