VENRES 6 E SÁBADO 7 DE SETEMBRO: SON D’ALDEA 2013

Nesta fin de semana, tivo lugar unha nova edición do Son d’Aldea, organizada pola Asociación Cultural e de Veciños o Parzamique e por Arqueixal.

Coma en anos anteriores e, en apoio á organización, acudimos o sábado día 7 ás diferentes actividades programadas: roteiro teatral, xantar na aldea, xogos populares, mostra de oficios, e romaría tradicional.

Para os/as que nunca participárades, Son d’Aldea consiste e permite unha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.

Foi imprescindíbel anotarse. As prazas foron limitadas.

Para máis información sobre a oferta de actividades e dos prezos das inscricións, podes consultala súa web Son d´Aldea.

 

Comments are closed.