SÁBADO 8 DE OUTUBRO: ACTIVIDADE COMUNITARIA NA EIRA

As actividades previstas para este día, así coma para o sábado día 15, realizáronse en colaboración coa Fundación ÉRGUETE, dentro do programa de integración que dita fundación coordina.

Neses dous días, internos do cárcere de Teixeiro viñeron a participar nas tarefas manuais da Eira da Xoana.



PROGRAMA:

11.00 h => Encontro cos internos na Eira e comezo dos traballos, que consistiron en:

  • Carreiro do Cotón: roza previa, construción e sinalización
  • Pomar: rareo de especies forestais para recuperar o espazo de froiteiras
  • Tundal: carrexo de pedras para a súa futura construción

15.00 h => Xantar de convivio (cadaquén trouxo o seu) no eirado da Eira da Xoana.

16.00=> Pequeno cursiño de manexo de motoserras impartido polos participantes internos.

17.00=> Continuación dos traballos.

19.30=> Remate da actividade.

NOTAS:

1.- Para as actividades previstas usáronse: fouces, sachas, forcadas, serras, motorozadoras e motoserras.

2.- Quen puido trouxo mazás ou caixas de madeira para a almacenaxe das mesmas.

3.- Agradecemos á Fundación Érguete e aos internos a súa colaboración.

Comments are closed.