SÁBADO 2 DE AGOSTO: ASAMBLEA DA EIRA E ACTIVIDADES COMUNITARIAS

O primeiro sábado de agosto celebramos pola tarde a asemblea de verán da Eira da Xoana.

Foi un acto aberto ó que puido asistir quen quixo, podendo opinar toda aquela persoa que polo menos tivera lavado na Eira unha culleriña que non usara.

 

PROGRAMA:

12.00 h => Inicio das actividades comunitarias.

15.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén levou o seu para compartir.

17.00 h => Orde do día da Asemblea

Programación das actividades dos días 9 e 10 de agosto e valoración das actividades realizadas con especial incidencia na organización da temporalización das asambleas da Eira anuais, organización de feiras, melloras na difusión das actividades, redes sociais, etc.

Propostas para o futuro.

Estratexias para o financiamento do proxecto.

Varios.

Comments are closed.