DOMINGO 8 DE XUÑO: V FEIRA NA EIRA DA XOANA.

Deixa as compras para o día 8 na Feira da Eira: iogures, queixo, marmeladas, hortalizas, verduras, produtos de hixiene e cosmética natural, artesanía e un longo etc; serán as cousas que poderás atopar na leira da Eira da Xoana dende as 11:30 horas ata 19 ou 20 horas.

Haberá bebidas e xantar: polbo, callos…

Contaremos coa música de Quercus Sonora e coas historias ecolóxicas de Anxo Moure, poesías de Curra Figueroa e Iolanda Aldrey

Ás 12 horas: Presentación da Campaña en Defensa do Bosque Autóctono.

Descarga aquí o cartaz

Comments are closed.