Unha vez máis celebramos a festa do Solsticio de Inverno.
Recuperando os últimos ecos dun ritual milenario, quixemos traer de novo á nosa sociedade unha celebración que se perde na noite dos tempos.
Nela rendíase homenaxe ao Sol, que rexuvenece cada ano para traernos luz, calor e vida.
PROGRAMA:
17.00 h => Encontro na Eira para elaboración de fachos, boneco e realización doutros quefaceres necesarios para o desenvolvemento da actividade.
17.45 h => Subida ao Cotón dos fogos. Onde realizamos un acto de despedida ao Sol a medida que este se vaia agochando.
18.30 h => Queima do Tizón. Fixemos lume Novo que queima o ano vello que vai rematar.
19.30 h => Acto literario e musical co Apalpador Anxo Moure.
20.30 h => Cea (cadaquén traerá a súa comida para compartir) e actuacións: Monologuista Lois Días, Bico da Balouta e Leirabuxo. Tamén contamos coa presenza de Mini e Mero.
–.– h => Remate. Cando se acabaron os folgos.
NOTAS:
1.- Se alguén quixo durmir na zona puido facelo nos seguintes aloxamentos: