DOMINGO 18 DE AGOSTO: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN

ADEGA sumouse, un ano máis, a esta homenaxe que xa viñan facendo fai anos atrás outras organizacións.

Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.

O acto estivo aberto a todas as organizacións e persoas que a título individual se quixeran sumar a esta celebración.

PROGRAMA:

11.15 h => Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.

11.30 h => Saída cara a curva de Ludeiro onde se atopa o monólito da imaxe na parroquia de Sá, onde tivo lugar, ás 12:00 horas, a primeira das homenaxes da xornada ás vítimas da represión, en concreto a Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño. A continuación, iniciouse un percorrido en coche ata outros 3 monólitos situados en parroquias e lugares diferentes do Concello de Toques, onde homenaxeamos a: o Curuxás, Marcial Villamor e Delfino Liñeira (O Tranviario).

14.30 h=> Chegada á Eira onde tivemos un xantar de confraternidade ao que non faltaron as novas burriñas. Houbo café e postres de Vilalba. Prezo solidario de 3 €.

18.00 h => Ofrenda floral con diferentes intervencións no monólito que erguimos na Eira da Xoana no ano 2012.

Coma noutras ocasións, contamos coa presenza de Mero e 2 compoñentes máis da Quenlla que musicaron parte do acto e animaron unha distendida e cantareira tarde.

20.00 h => Remate da Actividade.

Comments are closed.