XOVES 8 DE AGOSTO: BENVIDA Á BURRIÑA FARIÑEIRA E A SÚA CRÍA NA EIRA DA XOANA

Este xoves, ás 16.30, recibimos á BURRIÑA FARIÑEIRA COA SÚA CRÍA que, a partir dese día imos a manter.
Entre todos/as coidarémolas e axudaremos a manter unha raza autóctona en perigo de extinción.
A burriña e a cría foron facilitadas pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego; a quen lle estamos moi agradecidos/as por facilitarnos esta oportunidade.
 
 
Convidamos a asistir a esta cita a todas as persoas que así o quixeran ou puideran para coñecer e dar a benvida a estes novos membros que, dende o 8 de agosto, forman parte da Eira da Xoana.

Comments are closed.