DOMINGO 11 DE AGOSTO: FESTA DA CABRA 2013

Un ano máis, tivo lugar a celebración da festa de verán máis importante para Ramil: “A Festa da Cabra”. Dende a Eira da Xoana, unímonos e apoiamos esta celebración na medida do posible. Para elo, entre outras, organizamos  un xantar aberto tanto aos/ás veciños/as do lugar, como a todas aquelas outras persoas que quixeran pasar unha xornada festiva en boa compaña.

PROGRAMA:

12.00 h => Encontro na Eira. Preparamos as mesas e o xantar para a festa. 

13.30 h => Asistimos ao concerto e sesión vermú no campo da festa.

15.00 h => Xantar na Eira da Xoana: houbo lacón asado, empanada, tarta de mazá e de améndoas. Aportación solidaria de 10€, 8€ para socios/as. Avisouse por teléfono a Pepe ou Marcial para poder calcular cantas persoas iamos xantar.

16.00 h => Café e longa sobremesa cos convidados, en especial cos veciños/as que queiran vir e ter connosco unha tarde de encontro e lecer ata a noitiña.

23.00 h =>  Volveuse á verbena e houbo romaria e festa rachada ata que o corpo aguantou.

Comments are closed.