SÁBADO 13 DE ABRIL: CHARCAS CON VIDA

O novo proxecto de ADEGA: “Charcas con Vida” convocou a primeira xornada de voluntariado que se celebrou na Eira da Xoana. Durante a xornada creouse unha Charca didáctica para o que se convocou unha xornada de voluntariado ambiental.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal favorece a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida queremos achegar á cidadanía a estes lugares e dar ferramentas válidas para a súa conservación. Qué mellor maneira de facelo que construíndo unha charca e aprender facendo!!!

O voluntariado contou con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela, e comida.

O proxecto Charcas con Vida contou coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízouse en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

Para ver o cartaz da Actividade preme Eiquí.
 

Comments are closed.